Participa nun evento de ideación xuvenil onde poderás coñecer xente coas túas inquedanzas, optar a participar en hackathons internacionais ou gañar premios.
Nun Hackathon traballamos cunhas temáticas moi concretas aínda que abordan temáticas moi xerais.
Pretendemos dar solución e aportar luz a aqueles aspectos que máis preocupan á xuventude cara poder dar oportunidades aos mozos e mozas, neste caso, do rural.
A pandemia de COVID-19 conmocionou ao mundo e deixou ao descuberto fisuras nos nosos sistemas. Desde cadeas de subministración rotas ata desemprego masivo e disparidades raciais, as cousas deben cambiar!
Parece que queda xa lonxe pero non é certo e as consecuencias para o rural son moito máis profundas ampliando as fendas que existían xa antes daquela. Podemos deixar que a oportunidade de recuperación do rural pase por diante da nosa porta ou ben podemos pensar e ofrecer posibilidades para o futuro cara o ano 2030.
Facemos un chamamento a mozos e mozas de todos os recunchos da sociedade para que se unan e formen parte do cambio!
30
PARTICIPANTES
6
EQUIPOS
2
DÍAS
6
PROXECTOS
Conforma o teu Equipo
Elixe unha temática
Xa vimos antes as temáticas coas que nos gustaría que traballaras na Creative Jam: estaría ben que elexiras algunha coa que te sentiras ben e na que poideras disfrutar
Conforma un equipo
Podes vir á Creative Jam co teu equipo creado (máx. 4 p.) ou ben deixarte levar e configuralo coas personas que asistan. Canto máis multidisciplinar mellor!
E de inmediato comezaremos o proceso creativo, teredes unha persona mentora que traballará con cada equipo e que vos irá guiando polas diferentes metodoloxías
Non, é un evento gratuito que cubre todos os gastos de mantenza, formacións e actividades. Se vés de fóra de Lugo avisa que poderás durmir de balde no Albergue Xuvenil Lug2. O único que te tés que pagar é o bus.
Absolutamente nada, fai todas as preguntas que precises. De tódolos xeitos non te preocupes na Creative Jam terás personas que te formen, te asesoren, te guíen,…