RE.CO.LO.CA

QUE É?

RE.CO.LO.CA. é a rede de colaboración local da Lug Open Factory entorno ao proxecto Atlantic Youth Creative Hubs.

AYCH é un proxecto do programa Interreg Atlantic Area consistente en potenciar o emprendemento xuvenil internacional a través das novas tecnoloxías.

Quen participa?

Poderán participar todas aquelas entidades públicas e privadas que teñan inquedanzas no ámbito da xuventude, a creatividade e as novas tecnoloxías.

Só é preciso amosar a intención aos coordinadores de Aych, quenes procederán a ter unha entrevista coas entidades para fixar un convenio.

PARTNERS

As entidades de RE.CO.LO.CA participarán en Aych a través de:

  • A participación en eventos locais, nacionais e internacionais: local creative jam, international creative jam,...
  • A participación en formacións locais, nacionais e internacionais: workshops, seminarios e MOOC.
  • A creación de formacións no ámbito do proxecto.
  • A participación dos expertos nos asesoramentos dos xoves participantes no programa tanto a nivel local, como nacional como internacional.
  • A aportación ao proxecto a través do seu FabLab e a súa Incubadora Internacional.
  • A aportación ao proxecto a través das súas residencias, intercambios e pasantías. Participación na rede de xoves embaixadores internacionais.

Queres saber máis?