LUG OPEN FACTORY

MISIÓN E VISIÓN

 

LUG OPEN FACTORY é un espazo creativo con vocación europea comprometido co Medio Ambiente situado no Complexo Residencial Lug 2 que alberga unha incubadora de ideas e proxectos, un FabLab especializado en 3D, corte, sector audiovisual e novas tecnoloxías, e un espazo para coworking con empresas do sector creativo e tecnolóxico. Tamén L.O.F. é formación, apoio a proxectos e creación e aceleración de ideas así como un laboratorio experimental de prototipado. Queremos facilitar que os mozos e mozas galegos se relacionen cunha rede xuvenil europea, apoiando a súa mobilidade internacional

.. e moito máis

A nosa creatividade está ao servizo dunha mocidade que busca unha porta na que petar para buscar apoio ás súas ideas e proxectos.
Traballamos duro para facer realidade os teus soños e buscamos oportunidades onde sexan necesarias.
As nosas liñas de traballo son firmes e baseadas no principio de igualdade e non discriminación, creando oportunidades para toda a mocidade.
EDUCACIÓN NON FORMAL
IGUALDADE
SUSTENTABILIDADE
DIVERSIDADE
COOPERACIÓN
EUROPEISMO

 

 

UN EQUIPO

Os equipos están feitos por persoas e en Lug Open Factory somos un equipo de profesionais multidisciplinares que funcionan como unha familia numerosa cuxo obxectivo é crear ideas, prototipos e proxectos para mellorar a vida en Lugo e Galicia, con especial atención á mocidade. O mundo do deseño de ideas está moi na razón de ser da Lug Open Factory, que ben di que o seu nome é unha fábrica aberta de ideas e proxectos. No noso afán de mobilidade dos mozos e mozas galegos creamos redes europeas de colaboración con outros socios para poder crear as nosas residencias, prácticas,...

IDEAS E PROXECTOS

Se tés unha idea podes compartila con nós,

axudaremoste a desenvolvela.

AS NOSAS INSTALACIÓNS

Espazo de traballo  compartido
Fab Lab

Espazos de reunións
Aych Hub Incubator

Coworking Lug2