Proxecto Medioambiental

Estamos a traballar no futuro do planeta coa nosa mocidade

Programa de desenvolvemento que conecta o medio ambiente, a mocidade e a tecnoloxía.

CAMPOS DE VOLUNTARIADO

PROXECTOS AMBIENTAIS EUROPEOS

VOLUNTARIADO MEDIOAMBIENTAL

AXENDA 2030

.. e moito máis

O NOSO COMPROMISO: A AXENDA 2030

  • O futuro do noso planeta depende do noso diálogo.
  • Creamos unha metodoloxía de pensamento para mozos e mozas.
  • Ofrecemos información e formación.
  • Creamos programas de desenvolvemento tecnolóxico ao servizo do medio ambiente.
  • Os mozos aportan as súas solucións a través da creación de prototipos ambientais.

QUE FACEMOS

CAMPOS DE VOLUNTARIADO

Desenvolvemos máis de 40 campamentos internacionais de voluntariado onde a educación non formal na natureza sempre foi a nosa prioridade, baixo a marca Campos de Galicia poderás coñecer todas as nosas accións con mozos e mozas que desenvolvemos dentro e fóra da nosa comarca.

METODOLOXÍA TRANSVERSAL

Creamos unha metodoloxía para deseñar ideas e proxectos axeitados para desenvolver prototipos sostibles para mellorar o futuro do noso planeta: os mozos aportan solucións prácticas e sinxelas para que a sociedade poña en práctica as súas propostas.

DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE

Todas as ideas, proxectos, produtos, compañeiros de traballo,... teñen un compromiso activo coa sustentabilidade e traballan no desenvolvemento dunha economía circular. Os obxectivos de desenvolvemento sostible son unha prioridade na nosa organización xuvenil.

QUEN SOMOS

Lug Open Factory é unha organización sen ánimo de lucro dedicada a desenvolver ideas e proxectos innovadores con mozos ao servizo da sociedade: un espazo creativo para mozos que poden revolucionar cunha forma de traballar baseada no apoio, a sinerxía,... e utilizando tecnoloxía como base.

Un equipo de vinte profesionais de diversos ámbitos ao servizo do emprendemento e preocupados polo futuro do planeta.