Novas

Youth Voices Summit

Hai uns días foi un día especial no noso Cumio da Xuventude de Europa. Visitamos a cidade máis europea de Galicia á que chegan cada ano miles de peregrinos: Santiago de Compostela.
Os nosos voluntarios, como os peregrinos, seguen buscando inspiración en Galicia para atopar unha vida mellor. O espírito do Camiño estará con eles buscando solucións reais a problemas importantes nos que a mocidade debe ter voz e voto, xa que é o seu futuro.
En pouco tempo volverán ás súas casas, e terán que comunicar todo o que realmente importa no futuro da nosa Europa, no seu futuro.
Grazas por compartir o teu magnífico traballo en tan pouco tempo!