Noticias

APERTURA DE PERÍODO DE INSCRICIÓN COWORKING LUG2

O Coworking Lug2 da Lug Open Factory abre un período de inscrición para interesadas ou interesados que queiran desenvolver ideas creativas e crear sinerxias de traballo con mozas e mozos que teñan empresa ou non. A única condición é que a idea ou proxeto sexa creativo e teña un compromiso social importante.

No Coworking Lug2 temos unha serie de espazos ao teu servizo: espazo de traballo, espazo de deseño, sás de reunións, fab lab,… que poderás utilizar.

Tamén é importante que saibas que o acceso é libre as 24 horas do día os 7 días da semana.

Coworking Lug2 é un espazo para compartir, para crear e para innovar. É un lugar de balde, para que xuventude teña un espazo de comezo do seu proxecto de vida.

Se estás interesada ou interesado escríbenos un mail: a benvida@lugopenfactory.com ou chámanos por teléfono ao 982 023 078 e concertaremos unha entrevista para que vexas as nosas instalacións.