lug open factory

Benvid@

Benvida e Benvido á Creative Jam de AYCH en Lugo, un hackathon no que precisamos que participes para unha mellora da Europa Atlántica, polo que necesitamos que cantos máis mozos e mozas queirades e podades participedes con nós neste evento de creación de ideas. O kit de benvida daráche unha práctica referencia para todo o que farás durante este evento.

 

Unha Creative Jam é un evento que xunta a xente nova, socios, axencias e tomadores de decisións para facilitar a oportunidade de «ser creativos» e construír prototipos para abordar problemas sociais a través de talleres e un hackathon. En cada Creative Jam, hai unha serie de temáticas a abordar. As ideas, servizos e produtos que creas deberían ligarse ao tema do evento. Para esta seleccionamos unha temática que nos preocupa moito que está relacionada co futuro do Rural de Lugo.

IMAXINA O FUTURO | REIVENTA O RURAL

Usa o deseño, o pensamento creativo e a tecnoloxía para construír novas ideas, produtos ou servizos para o teu xeito de vivir, para os espazos rurais do futuro… Queremos que penses en deseñar novos lugares para xogar, vivir, traballar, mercar, comer e ser, así como o xeito de moverse por estes espazos, experimentar e interactuar con eles.

COMUNIDADES RURAIS

Decatámonos que vivimos nunha sociedade rural?… A Europa Atlántica é unha única comunidade que aumentou a súa poboación rural, pero… en igualdade de condicións?

PARTICIPACIÓN XUVENIL

Buscamos que os mozos e mozas non se vaian do rural e que ao mesmo tempo teñan as mesmas posibilidades ca o resto da sociedade e non se atopen sós nos seus lugares de orixe.

CAMBIO CLIMÁTICO

Como mellorar a nosa calidade de vida coa tecnoloxía buscando un 2030 que nos faga mellores e que poidamos vivir mellor, non buscamos máis ca solucións reais.

EDUCACIÓN NON FORMAL

O rural está baleiro de espazos educativos e formativos, é a educación non formal a solución?… deberiamos fixarnos máis nos aspectos educativos da vida?

PROGRAMA

DÍA 1# 25 de marzo

DESCUBRE

REXISTRO E BENVIDA

Na Lug Open Factory na rúa Pintor Corredoira, 4 – 27002 – Lugo

ICE BREAKER: DESCUBRE O RURAL

Pola mañá, segundo chegues poderás participar nun xogo de colaboración co fin de poder identificar os problemas que temos agora rural. Ao mesmo tempo comezaremos a configurar os equipos para o hackathon, se non tés equipo non te preocupes, farémolos alí.

XANTAR

Xantaremos no Complexo Residencial Lug2 (no mesmo edificio). Será unha oportunidade para contactar con outros creativos e os expertos. Asegúrate de informar das túas intolerancias alimentarias.

WORKSHOPS

Ofrecémosche un abano de posibilidades formativas para que poidas adquirir coñecemento en diferentes áreas. Prioriza a túa elección – Elixe o que che guste – Terás 2 tempos de formación – Poderás elixir 2 formacións en total.

ACTIVIDADE DEPORTIVA

CEA DE GALA no ALBERGUE LUG2

Prepárate ben porque a cea de gala será por todo o alto, terás que ir con algo especial, pronto cho diremos.

DÍA 2# 26 de marzo

SOLUCIONA E CREA

COMEZAMOS

Durante o desafío de Creative Jam, primeiro tiveche que construír o teu equipo (máximo 4 compoñentes), no día anterior e unha vez que estiveche de acordo coa idea que querías traballar, aplicas e desenvolves as túas habilidades dixitais e creativas, a través de abordar cuestións do mundo real. Desafío prototipado de 6 horas contra as 24 horas. No día de hoxe toca traballar máis no prototipo e logo expoñelo ante o xurado.

OS MENTORES AXUDARÁNCHE

Cada equipo será coordinado por un mentor experimentado ao longo do día. Estarán alí para proporcionar ferramentas e métodos útiles para dar forma á súa idea, traballar no seu prototipo e preparar a súa presentación. Xa tés clara unha idea e queres compartila cos teus compañeiros/as. Adiante! Para elo terás 5 minutos de exposición tras dos cales deberedes negociar se é válida ou non e se está dentro dun dos retos que nos plantexamos na Creative Jam. E comezamos a traballar nos equipos co noso mentor/a.

ESTO É COUSA DE 5 MINUTOS

Tamén terás que comezar a prepararte para a presentación do proxecto diante do xurado, as presentacións non poden durar máis de cinco minutos. Para estar ben preparado, instamos a un ou dous membros do seu equipo a asistir ao taller de pitching e presentación. Pode dividir o seu equipo para que algúns membros do equipo continúen traballando no proxecto, mentres que outros asisten ao taller con Iria.

PRESENTACIÓN DOS PROTOTIPOS

Ao rematar o evento, lanzarás o teu proxecto diante dun xurado profesional.  

EQUIPO GAÑADOR

De seguido proclamaráse o equipo gañador e faráse a entrega de premios e certificados.

PREMIOS

Elexiránse tres prototipos gañadores entre os que se repartirán os seguintes premios (entre outros).

  • Residencia formativa LOF TALENT para todo o equipo.
  • Viaxes formativos dentro do proxecto AYCH
  • Cámaras tipo GoPro.
  • Impresoras 3D-mini.
  • Tablets.
  • Pulseiras intelixentes.

• Mantente en contacto co teu equipo. A túa idea é xenial? Segue traballando nela, configura un grupo de WhatsApp e prepárate para unha experiencia incrible!

• Selección das personas máis participativas para configurar a mesa de traballo Atlántico da movidade no proxecto AYCH.

• Programa de talleres, seminarios, residencias, prácticas e outros eventos prácticos en toda a rede de concentradores.

• Acceso a asesoramento, orientación e asesoramento de expertos sobre carreira e progresión futura.

Síguenos en redes sociales : @coworkinglug2 @lugopenfactory @AYCH @Atlantic Hubs

Hashtags #AYCHjam

E a túa música preferida AYCH Spotify Playlist

Se vés de fóra de Lugo dámosche aloxamento de balde no Albergue Lug2. Os servizos de aloxamento e mantenza son gratuitos así como a totalidade das formacións. Este evento é de balde. Só tés que pagar o desprazamento.

INSCRICIÓN

NOTAS PARA A INSCRICIÓN: 

  1. Este evento é para mozos e mozas de 18 a 30 anos.
  2. Tipo de Acción: selecciona AYCH Jam, e volve escribilo onde pón Nome do curso.
  3. Para este tipo de accións non é preciso adxuntar ningún tipo de documentación.
  4. IMPORTANTE: indica neste formulario se tes algunha intolerancia ou alerxia e se precisas durmir no Albergue.
  5. Logo recibirás un mail confirmando que estás admitido.