Curso de Director/a de Tempo Libre — Intensivo Nadal 2026/27

Entidade organizadora: Escola Rural de Tempo Libre (ERTL)
Lugar: R/Pintor Corredoira, 4 – Lugo
Modalidade: Mixta — presencial + en liña
Duración total: 150 horas lectivas
Titulación: Oficial e homologada pola Xunta de Galicia

Prazas limitadas.

 

📍 Datos principais

Inicio da formación en liña: 21 de novembro de 2026
Inicio do intensivo presencial: 22 de decembro de 2026
Final das clases presenciais: 4 de xaneiro de 2027
Lugar da formación presencial: Lugo

📅 Calendario formativo

 

Clases presenciais — Lugo
22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro de 2026, e 2, 3 e 4 de xaneiro de 2027.

Clases en liña
21, 22, 28 e 29 de novembro de 2026.

 

⏱ Distribución das horas

 

100 horas presenciais durante o período intensivo de Nadal.
50 horas en liña, con formación previa durante o mes de novembro.
Total: 150 horas lectivas.

🎓 Homologación e titulación

 

Curso homologado pola Xunta de Galicia. Ao superar satisfactoriamente a formación e cumprir os requisitos establecidos, o alumnado poderá obter a titulación oficial de Director/a de Tempo Libre.

🧑‍🏫 Prácticas

A Escola Rural de Tempo Libre garante posibilidades para a realización das prácticas, de maneira que o alumnado non teña que buscar pola súa conta unha entidade onde desenvolvelas.

💶 Matrícula

Prezo total: 195 €

A matrícula poderá aboarse nun único pagamento ou en dous prazos:

  • 1º prazo: 100 € no momento de formalizar a matrícula.
  • 2º prazo: 95 € no mes de decembro de 2026.

 

Para o alumnado que veña de fóra de Lugo existe a posibilidade de aloxamento no noso albergue de balde, suxeito a dispoñibilidade.

📲 Información e inscrición

 

Teléfono: 982 023 078
Correo electrónico: benvida@lugopenfactory.com
Web: lugopenfactory.com/gl/school/

 

💼 Oportunidades de traballo

 

O alumnado que complete satisfactoriamente a formación poderá acceder ás oportunidades laborais vinculadas á entidade.

Se o fas ben, como mínimo en campaña de verán ofrecémosche bolsa de traballo.

 

REQUISITOS
(segundo Decreto 50/2000,  de 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude).

 

Para poder matricularse neste curso requírese:

  1. Estar en posesión do título de monitor de actividades de tempo libre.
  2. Posuír, polo menos, un título de ensino secundario.
  3. Acreditar unha experiencia de traballo (vida laboral) como monitor/a no campo da educación/animación no tempo libre de, polo menos, 250 horas ou como integrante do equipo de animación en colonias ou campamentos por un total de 30 días, despois da obtención do título de monitor.