Curso de Monitor/a de Tempo Libre —Edición TARDES 2026/27

Entidade organizadora: Escola Rural de Tempo Libre (ERTL)
Lugar: R/Pintor Corredoira, 4 – Lugo
Modalidade: Mixta — presencial + en liña
Duración total: 200 horas lectivas
Titulación: Oficial e homologada pola Xunta de Galicia

Prazas limitadas.

 

📍 Datos principais

Inicio da formación en liña: 26 de outubro de 2026
Inicio do intensivo presencial: 26 de outubro de 2026
Final das clases presenciais: 12 de decembro de 2026
Lugar da formación presencial: Lugo

📅 Calendario formativo

Clases presenciais — Lugo
de luns a venres 16:00 a 20:00:

Semana do 26/10
Semana do 2/11
Semana 9/11
Semana do 16/11
Semana do 23/11
Semana do 30/11
Semana do 14/12

Clases en liña
9, 10 e 11 de novembro

21 e 22 de decembro

 

⏱ Distribución das horas

175 horas presenciais durante o período intensivo de tardes.
25 horas en liña.


Total: 200 horas lectivas.

🎓 Homologación e titulación

Curso homologado pola Xunta de Galicia. Ao superar satisfactoriamente a formación e cumprir os requisitos establecidos, o alumnado poderá obter a titulación oficial de Monitor/a de Tempo Libre.

🧑‍🏫 Prácticas

A Escola Rural de Tempo Libre garante posibilidades para a realización das prácticas, de maneira que o alumnado non teña que buscar pola súa conta unha entidade onde desenvolvelas.

💶 Matrícula

Prezo total: 200 €

A matrícula poderá aboarse nun único pagamento ou en dous prazos:

  • 1º prazo: 100 € no momento de formalizar a matrícula.
  • 2º prazo: 100 € no mes de decembro de 2026.

Para o alumnado que veña de fóra de Lugo existe a posibilidade de aloxamento no noso albergue de balde, suxeito a dispoñibilidade.

📲 Información e inscrición

 

Teléfono: 982 023 078
Correo electrónico: benvida@lugopenfactory.com
Web: lugopenfactory.com/gl/school/

 

💼 Oportunidades de traballo

 

O alumnado que complete satisfactoriamente a formación poderá acceder ás oportunidades laborais vinculadas á entidade.

Se o fas ben, como mínimo en campaña de verán ofrecémosche bolsa de traballo.

 

REQUISITOS
(segundo Decreto 50/2000,  de 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude).

Para matricularse será necesario estar en posesión, polo menos, dalgún dos seguintes títulos:

a) Graduado en Educación Secundaria, Graduado Escolar ou outro equivalente.

b) Técnico Auxiliar en Formación Profesional ou outro equivalente.