Noticias

#VIVO FOZ

Outra iniciativa que nace nestes intres tén moito que ver cos lugares aos que desexamos voltar en nada, un dos nosos coworkers Hugo Fernández Balseiro creou o movemento social #VIVOFOZ unha fermosa iniciativa que pretende amosar a través da fotografía e dos videos os espazos vivos aos que agora non podemos ir.

Xentes de todo o mundo están a participar nesta iniciativa que poderás atopar nas redes sociais (link) e á que te podes enganchar, que de seguro che gusta.

Eles mesmos se definen así:

“Son tempos de dificultades, de estranar á familia ou aos amigos, de actuar con sentidiño, de horas pegados ás pantallas empurrando cada un dende a súa casa para superar esto colosal reto que nos pon a proba.
Teremos que esperar uns días ou semanas pero vámolo conseguir todos xuntos, e cando iso suceda vamos a poder disfrutar desa experiencia que cada un de nós ten na mente tatuada neses lugares máxicos e privilexiados da nosa vila.
Unha cervexa ao solpor na rambla, un paseo polo Ouro en bicicleta, fundir o día coa noite, un chapuzón en Polas, unha subida en moto á Frouxeira…
Como di a canción, Foz é porto de ilusión, e ahí está a vosa vila esperando para escoitar esa experiencia que vos fai sentir focegos, que vos fai sentir gozosos, que vos fai sentir VIVOS!”