Noticias

REUNIÓN DO COWORKING

Hoxe as empresas do coworking comezaron a traballar en dous innovadores proxectos para a cidade de Lugo que pronto estarán ao servizo da cidade e da provincia. Polo dagora non vos imos a contar nadiña pero en breve teredes xa unha boa presentación.

Grazas a todos os coworkers por apostar por devolver á sociedade o que ela nos deu a todos e a todas.

O Coworking é un espazo integrado na Lug Open Factory un espazo aberto 24 horas ao día 365 días do ano totalmente gratuito que busca a sinerxia entre xóvenes empresarios e emprendedores de Lugo e toda Galicia, un espazo innovador onde sempre hai unha sinerxia de creatividade e tecnoloxía.