lug open factory
Slide 1

ABRIL | MAIO | XUÑO Complexo Residencial Lug2

ROADMAP
AYCH
FORMACIÓN
Image is not available

Durante estos tres meses poderás participar nun amplo programa formativo xunto cos embaixadores do noso proxecto.

Slide 2
OPEN LABS
Innovación Rural
Participación Xuvenil
Cambio Climático
Image is not available

Nos nosos open labs traballaremos sobre diferentes temáticas e buscaremos solucións para o futuro da xuventude atlántica

Slide 3
DISEMINACIÓN DAS COMUNIDADES RURAIS
Image is not available

Nesta fase faremos especial incidencia en poder traballar coas comunidades rurais, e poder difundir o proxecto en diferente espazos galegos.

previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow

AYCH MISSION en Lugo

Aych Mission é un grupo de traballo conformado por embaixadores do proxecto Atlantic Youth Creative Hubs que pretende analizar unha temática concreta que afecta a moitos mozos e mozas da Europa Atlántica. O seu lema é: Innovación Rural, Particiación da Xuventude e Cambio Climático.

DESCUBRE

As grandes posibilidades do rural e como o podemos apoiar

APRENDE

Un grupo de expertos estarán contigo para ofrecerche varias formacións

DESEÑA

Crea ideas e proxectos innovadores en equipo e gaña premios

INNOVA

Buscamos ideas innovadoras con base tecnolóxica e sostibles

Fases

Cada unha das fases da nosa misión está moi ben identificada e corresponde a un proceso participativo onde a mocidade é a protagonista. Na Local Creative Jam poñemos a base das temáticas máis importantes que queremos tratar, logo o grupo pasará por un proceso de formación. Con estas ferramentas comezaremos a traballar nos laboratorios co fin de poder crear solucións reais a problemas reais para finalmente diseminar todo elo a través de varias ferramentas.

AXENDA LOCAL
LABORATORIO
FORMACIÓN
DISEMINACIÓN

Prepárate con nós

AXENDA LOCAL

Esta fase comezou coa Local Creative Jam onde identificamos as temáticas e as accións que queremos facer no futuro. O seguinte paso será unha reunión do equipo de traballo a finais do mes de abril onde:

  • Identificaremos os retos
  • Conectaremos cos embaixadores
  • Prepararemos a nosa participación na ICJ
ROADMAP

Esta é a fase de formación da xente moza. Por esta fase pasarán en maior ou menor medida os mozos e mozas comprometidos; as formacións teñen moita relación coa temática elixida:

  • Desenvolvemento Rural e Axenda 2030
  • Desenvolvemento rural e capacidade tecnolóxica
  • Mobilidade xuvenil e medio ambiente
OPEN LABS

Abrimos a convocatoria dos Labs, cada un deles ten unha metodoloxía concreta e faráse sobre unha temática moi concreta.

  • LAB 1 – INNOVACIÓN RURAL
  • LAB2 – PARTICIPACIÓN XUVENIL
  • LAB3 – CAMBIO CLIMÁTICO 
Previsamente identificamos cos mozos e as mozas as súas preocupacións principais así como nas temáticas que lles gustaría traballar.
DISSEMINATION

E a última fase, non menos importante é a conexión de todo o feito na misión co público en xeral. Faráse a través dos medios de comunicación, das redes sociais e a través da participación en tours por diferentes espazos de relevancia nacional e internacional.

Para elo contamos coa implicación de mozos e mozas de diferentes procedencias interesados en traballar neste aspecto.

 

AYCH: o proxecto

O proxecto Atlantic Youth Creative Hubs comezou a súa andaina no ano 2018 e nos últimos anos preocupouse do futuro emprendedor da mocidade atlántica en Francia, Irlanda, Portugal, España e Reino Unido. 

Mozos e mozas destes países gozaron un modelo de emprendemento no que tiña cabida tanto participantes con estudos como participantes sen eles que buscaban unha oportunidade  máis na súa vida de achegar a un ambiente de educación para o futuro e para a vida.

O proxecto baséase en multitude de dinámicas cunha moi forte implementación da educación non formal en diferentes ámbitos e espazos.

Grupo de traballo

Antes de comezar é moi bo que te informes ben

Sí, a única condición que che poñemos é que teñas cumpridos os 18 anos e non pases de 30, e que teñas un claro compromiso co proxecto.

Non, é todo gratuito; o proxecto cubre todos os gastos de mantenza, formacións e actividades. Se vés de fóra de Lugo avisa que poderás durmir de balde no Albergue Xuvenil Lug2. O único que te tés que pagar é o bus.

Non, con que veñas tí e traias moitas gañas de facer cousas novas, xa está! Pero se traes o teu portátil moito mellor!!!

Absolutamente nada, fai todas as preguntas que precises. De tódolos xeitos non te preocupes nas actividades terás personas que te formen, te asesoren, te guíen,…

Non quedes con dúbidas

Podes contactarnos

Envíanos un WathsApp

620 789 835