QUE OFRECEMOS?

AYCH HUB

Incubadora internacional de proxectos.

COWORKING LUG2

Espazo gratuíto para emprendedores creativos.

FAB LAB

Desenvolvemento de ideas a través de prototipos en diferencias especialidades.

SCHOOL

Obradoiros, Campus Tecnolóxicos, Creative Jams...

RE.CO.LO.CA

Rede de colaboración local da L.O.F. entorno ao proxecto Atlantic Youth Creative Hubs.

ACTIVA EUROPA

Asóciate á L.O.F.

LUG OPEN FACTORY é un proxecto integral para Galicia baseado na creatividade: unha resposta á marxinación das artes e as materias creativas en tódolos ámbitos e con especial atención ao mundo audiovisual e da prototipaxe coas novas tecnoloxías.

É tamén un Servizo Xuvenil e de desenvolvemento dun modelo para apoiar a creación de empresas sociais e creativas en novos eidos a través do empoderamento dos mozos e mozas para que presenten solucións a problemas sociais do futuro.

Ademais L.O.F. é unha aposta polo futuro do planeta a través dos nosos campos de voluntariado internacional. Desenvolvemos unha metodoloxía innovadora para que a mocidade pense pola súa implicación na sociedade a través do voluntariado ambiental. Tamén implicamos á mocidade en proxectos internacionais de voluntariado a través de diferentes organizacións e programas europeos de mobilidade co fin de empoderar aos mozos a través da educación non formal.

O noso centro está baseado nun modelo común a catro países europeos a través do proxecto Atlantic Youth Creative Hubs aglutinador de experiencias xuvenís creativas transnacionais. Presentámosvos un espazo aberto, diferente, onde poderás facer un montón de cousas, e cunha programación moi activa que tí podes configurar á túa medida.

 

Proxectos
Cuncas de café
Colaboracións
Recoñecementos

Blog

Máis Novas